lunes, 24 de noviembre de 2008

Enfermidade de Creutzfeldt-Jakob

É unha enfermidade neurolóxica producida pola proteína chamada Prión. A causa da aparición do prión todavía é descoñecida e so fálase de suposicións.

Os primeiros síntomas da enfermidade de Creutzfeldt-Jakob inclúen típicamente demencia- cambios de persoalidade xunto co deterioro da memoria, o xuizo e o pensamento— e problemas de coordinación muscular. As persoas coa enfermidade tamién poden experimentar insomnio, depresión ou sensacións inusitadas. A ECJ non ocasiona febre nin outros síntomas comúns.

O diagnóstico correto da ECJ é moi difícil, porque a menudo os síntomas poden confundirse cos de outros trastornos neurolóxicos progresivos tales coma o Alzheimer ou a enfermidade de Huntington. Sen embargo, coma a ECJ ocasiona inconfundibles cambios no texido cerebral, visible na autopsia, aínda que na autopsia non pode rebelarse debido a que se colle tecido non afetado pola enfermidade.

No hay comentarios: