jueves, 20 de noviembre de 2008

Efectos da EEB en animais

A enfermidade caracterízase polos cambios de comportameto(nerviosismo,agresividade), altereacións na sensibilidade e na coordinación muscular (temblores, caídas, non pode levantarse). Outros síntomas son unha rápida pérdida de peso e unha brusca caída de producción leiteira. A día de hoxe non existe un test de diagnóstico para as vacas vivas; todos se fan sobre animais mortos a partir de mostras do encéfalo, cerca da medula espiñal. Nestes texidos tamén pódesen detectar a presenza de prións.

Os síntomas observados motívanse pola acumulación do prión anteriormente mencionado nas células neuronais, orixinando a morte destas células. Unha análise microscópica revela lesións, de vacuolos, que deixan o texido nervioso cun aspecto de esponxa.

A enfermidade acumúlase sobre todo no cranio (co encéfalo e ollos incuídos), nos ollos, nas amígdalas , na médula espiñal, no espinazo, no intestino (do duodeno ó recto) e no bazo. Ó acumularse en tantas zonas do corpo e ó ser case imposible detectala en desenvolvemento, é mortal, pois non existe curación, actualmente.

No hay comentarios: